Saturday 27 de April de 2024

Alternativa dos Veciños presentarase ás eleccións en Fisterra con Áurea Domínguez como candidata


Alternativa dos Veciños presentarase ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio no Concello de Fisterra. A lista estará encabezada por Áurea Domínguez Sisto, licenciada en dereito, veciña da parroquia de Sardiñeiro onde leva máis de 20 anos exercendo como asesora fiscal, laboral e contable. Ademais, é unha persoa fortemente comprometida coas entidades veciñais do municipio.

Un grupo de veciños e veciñas do municipio da fin da terra, coñecedores da boa labor e das políticas desenvolvidas por Alternativa nos diferentes concellos da comarca da Coruña, puxéronse en contacto coa dirección do partido para estudar a posibilidade de presentar unha candidatura nas próximas eleccións municipais. Logo de traballar intensamente durante os últimos meses, conseguiuse construír un proxecto formado por un grupo de persoas honradas, humildes e traballadoras, que permitiron facer realidade a candidatura.

Alternativa construirá en Fisterra un proxecto onde terán cabida todos os fisterráns e fisterrás que teñan ganas e ilusión de cambiar e mellorar Fisterra; cunha candidata á alcaldía que é unha persoa moi preparada, construtiva e humilde, que ademais conta cun gran coñecemento das diferentes administracións.

O municipio de Fisterra atópase nunha situación moi complexa, de colapso político, con décadas perdidas de crecemento e desenvolvemento. É por iso que o Concello de necesita urxentemente un cambio de rumbo, para poder reverter as decisións erróneas e as malas políticas que se veñen facendo que lastran as oportunidades futuras de Fisterra.